27 de abr. de 2017

A viaxe de Gagarin

 
A viaxe de Gagarin iníciase o 12 de abril de 2011, cando se cumpren os 50 anos da viaxe de Iuri Gagarin. O narrador e protagonista é, nese momento, un home duns 60 anos, que está coidando á nai moribunda;  decide contar a época que compartiu cos seus pais; máis concretamente a época que coincide coa estadía da familia na Coruña (1961-1969) A partir dunha redacción escolar sobre a viaxe do cosmonauta ruso, os compañeiros empezan a chamalo Gagarin. O rapaz, Miguel/ Gagarín  vive a súa adolescencia - con experiencia amorosa incluída- nos anos sesenta.  O descubrimento da dobre vida que levan os pais  non só explica unha época senón que os converte en verdadeiros heroes co tanto mérito como os seus heroes xuvenís.


Booktrailer
https://www.youtube.com/watch?v=Ol5FPnXukQ8

“'A viaxe de Gagarin' forma parte dun axuste de contas cos sesenta”

 Entrevista a Agustín Fernández Paz en PRAZA


A viaxe de Gagarin | RESEÑA



Blog da novela
http://agustinfernandezpaz.gal/gagarin/#wrapper

Radio Pirenaica
http://agustinfernandezpaz.gal/aqui-radio-espana-independiente-estacion-pirenaica/ 


Este vídeo hai que velo:
https://www.youtube.com/watch?v=D-UVFChNpfA

19 de abr. de 2017

Cita con textos d' O principiño en Marineda

Unha vez máis temos unha actividade externa que parece pensada para o noso Club de lectura en familia. Despois de lermos O principiño tivemos a posibilidade de ver o filme de animación Le Petit Prince de Mark Osborne no Forum Metropolitano.
Esta vez a actividade estará aínda máis próxima ao centro cá anterior; será en Marineda,  será de balde e ideal para toda a familia.




5 de abr. de 2017

Libros particulares


Imaxe
No encontro do Club de lectura en familia do 4 de abril tivemos unha sesión especial: compartir coas persoas participantes algún libro particular. Era unha proposta das nosas Saras  que por fin puidemos poñer en práctica. Serviunos para descubrir novos libros e transmitir experiencias lectoras e coñecernos mellor.
Para poder recordar mellor unha sesión tan variada decidimos rexistrar en audio as colaboracións.  Aquí quedan algúns exemplos das lectoras do grupo B, as máis dilixentes á hora de compartir os audios.


3 de abr. de 2017

Clubs de lectura na cidade

Acceso
 
Acceso
Temos moita variedade de clubs de lectura nas bibliotecas da cidade, á que hai que sumar as propostas  dalgunhas librarías e  os específicos nalgún idioma, como o da Alianza Francesa. Son oportunidades que debemos ter en conta de cara a próximos cursos - na maioría dos casos a inscrición hai que facela no outono- para buscar o que nos conveña.

Nos accesos de cada imaxe pódese ver máis información dos diferentes  clubs de lectura.
O que non hai é outro Club de lectura en familia, coma o noso. Tampouco sabemos de ningún que funcione no verán.