O noso andel

Velaí o noso estante virtual en
http://www.anobii.com/groups/017d9d42e8bb4a81f2/


...............................................................................

 e para rematar...

Unha novela de Ledicia Costas que conta con varios premios:
  • Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015.
  • Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil. 
  • Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX. 
  • Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017.
...
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

...............................................................................

Encontro  29/5/2017

Un percorrido polas localización da novela A viaxe de Gagarin ambientada na Coruña dos anos 60




 

 

 

 

...............................................................................

Encontro 4/4/2017

Descubrimentos
Fonte da imaxe

Neste encontro imos ter unha sesión moi interesante. As dúas Saras do  Club coincidiron tamén na proposta de dedicar un encontro a que cada persoa falase dun libro co que tivese unha relación especial. Niso vai consistir: imos facer grandes descubrimentos.

...............................................................................

Encontro 7/3/2017
O principiño


Le Petit Prince, o libro francés máis traducido e máis vendido. Libro fundamental da literatura.  O principiño, a tradución galega (1983) de Carlos Casares é considerada como unha auténtica xoia literaria. 






Un monstro vén a verme, a historia da que parte a película de tanto éxito ultimamente. Unha novela breve onde o sufrimento non dá un respiro ao lector, polo que se chega a sentir co protagonista a necesidade de que a situación remate xa. 
Aproveitando que existe unha tradución en galego, a proposta desta lectura foi moi ben acollida, tanto polas persoas que xa  viron a película como polas que teñen preferencia pola lectura. 


Vento ferido (1967), a primeira obra publicada por Carlos Casares onde podemos encontrar unha ducia de relatos de distinta temática.  Vento ferido serviranos para seguir coa homenaxe a este autor, para introducir o relato no noso club de lectura e, tamén para relacionalo coa obra recentemente publicada por Antón Riveiro Coello, A ferida do vento, onde Carlos Casares aparece como personaxe e precisamente regala e dedica este libro ao protagonista.






...............................................................................

Encontro 14/2/2017
Ilustrísima  
 
 
Ilustrísima de Carlos Casares, publicada por Galaxia no ano 1980,   é unha das obras de lectura obrigatoria no ano 2017. Unha razón é que Carlos Casares será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Outra razón é que é unha novela breve, de fácil lectura que nos introducirá na obra do autor. Outra máis é que nos servirá para coñecer como eran as primeiras proxeccións cinematográficas,  para reflexionar sobre o fanatismo, os prexuízos e a manipulación dos medios de información, tanto na ficción como na realidade. 

...............................................................................



Encontro 17/1/2017

La invención de Hugo Cabret




Aquí temos un vídeo promocional, pero a mellor recomendación é abrir o libro e deixarse levar. As 534 páxinas  parecerán poucas. 
    
Tamén podes consultar outros extras na  editorial SM 



...............................................................................

 Encontro 13/12/2016
                                                                               Editorial Primera Persona



...............................................................................

Encontro: 22/11/2016

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.