Amosando publicacións coa etiqueta actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades. Amosar todas as publicacións

31 de maio de 2017

Encontro na libraría Berbiriana


A magnífica acollida de Cristina, que nos preparou uns zumes deliciosos e nos permitiu sentirnos como na nosa propia casa, converteron este encontro do Club de lectura en familia nun dos mellores de todo o curso e a libraría Berbiriana na nosa favorita.
As imaxes aparecen no punto 9 do Paseo literario; a  continuación compartimos as novidades que nos chamaron a atención.

Hecho con Padlet

30 de maio de 2017

A viaxe de Gagarin. Paseo literario



Despois de varios aprazamentos, e sen a participación completa, o 29 de maio fixemos o percorrido literario polos espazos da novela de Agustín Fernández Paz: A viaxe de Gagarin.
O seguinte mapa indica as paradas principais do percorrido, adaptadas ao espazo urbano máis do que á cronoloxía narrativa.
A parada na libraría Berbiriana  foi un dos mellores momentos do percorrido.

19 de abr. de 2017

Cita con textos d' O principiño en Marineda

Unha vez máis temos unha actividade externa que parece pensada para o noso Club de lectura en familia. Despois de lermos O principiño tivemos a posibilidade de ver o filme de animación Le Petit Prince de Mark Osborne no Forum Metropolitano.
Esta vez a actividade estará aínda máis próxima ao centro cá anterior; será en Marineda,  será de balde e ideal para toda a familia.




30 de mar. de 2017

O principiño. Cine de animación

Non podemos perder esta oportunidade: O principiño, animado e en versión orixinal. 




Como xa foi comunicado por correo  electrónico ás persoas integrantes do Club de lectura en familia, é unha ocasión única para recordar o pracer da lectura e compartir esta película coa xente miúda da casa.
PARA RECORDAR

No Forum Metropolitano Sala Fernando Rey. Versións cinematográficas de obras literarias.

30, 31 de marzo e 1 de abril
Xénero: animación
Francia, 2015 - 106 min - (V.O.S. en castelán)
APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS (Especialmente recomendada para a infancia)
Formato: Blu- ray
Sesións do espectador: venres 23.00 h e sábados ás 17.30 h. PREZO ÚNICO: 1,50 €