Amosando publicacións coa etiqueta Vento ferido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vento ferido. Amosar todas as publicacións

9 de mar. de 2017

A rapaza do circo

Un dos relatos  favoritos de Vento ferido foi "A rapaza do circo", onde un adolescente vive o descubrimento e a perda dun primeiro amor.
Un relato que, curiosamente, se parece nos seus inicios á propia historia amorosa de Carlos Casares e Kristina Berg, agora  cun final feliz.





A historia de amor de Carlos Casares
https://drive.google.com/open?id=0B3E8XrHZz6EvYUdNdEdKdUxyRWs

8 de mar. de 2017

Un reto para o Club de lectura en familia


Despois da lectura de Ilustrísima, e seguindo coa homenaxe a Carlos Casares, debía figurar un libro de relatos de e unha  das traducións. O principiño é sempre unha opción segura, defendida ademais polas persoas adultas do grupo. Vento ferido unha das alternativas dentro dos libros de relatos de Casares. Por último Un monstro vén a verme era unha novidade que estaba a punto de chegar á Biblioteca e que se promocionaba só polo éxito da película que algúns dos novos xa viran.

Cando finalizou o encontro arredor de Ilustrísima e se propuxeron estes tres libros para escoller a seguinte lectura non houbo elección. A resposta maioritaria foi ler os tres. 
O entusiasmo da lectura d'O principiño, coa busca de imaxes a selección de frases, xa levou o seu tempo. Un monstro vén a verme, coa súa dureza obrigou a dosificar a lectura, así que non todos conseguimos completar as tres lecturas e  a  ducia de relatos de Vento ferido quedou nunha  pequena selección.