Neste segundo encontro do Club de lectura en familia seguimos mantendo o sistema de valoración xeral da obra e lectura dun fragmento. A lectura proposta era A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos. ed. Primeirapersona, A Coruña, 2003.
Tamén incluímos algúns complementos:
No centro da mesa unhas limas, en homenaxe a Minguiño, a planta confidente de Zezé, que o entende mellor ca ningén.
Ao xeito dun xogo de cartas, formamos parellas con personaxes e nomes.


En referencia a unha das situacións máis emotivas situadas no Nadal. Na caixa, o mesmo que nas zapatillas do protagonista, non había nada.


As situacións que fan saltar as bágoas son tan numerosas que complementamos o encontro cun exercicio de identificación asociándoos con imaxes, texto,... Mesmo utilizamos un "medidor de lágrimas" para ir marcando o nivel persoal de emoción.
En fin, unha obra chea de momentos dramáticos, pero tamén con moitos de humor, como nos recordou Fran.
******
Finalizamos o encontro coa proposta do seguinte libro: La invención de Hugo Cabret
... e a suxestión de Sara de que se compren outros libros de José Mauro de Vasconcelos para a Biblioteca, polo menos, Vamos a calentar el sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.